Novas

MEMORIA CELESTE | 2ª TEMPADA

Hai persoas que forman parte da historia dun club.

E hai persoas que acaban converténdose na súa memoria.

Memoria Celeste naceu coa vontade de preservar e compartir o legado de xogadores, adestradores e figuras que contribuíron a construír a historia do Club Baloncesto Breogán dentro e fóra da pista.

Na súa primeira tempada, 15 lendas celestes xa formaron parte desta iniciativa, compartindo os seus recordos, experiencias e vivencias para que as novas xeracións poidan coñecer de primeira man a historia e os valores que deron forma ao noso club.

No curso 2026/27 traballaremos para dar continuidade a un proxecto que non só recupera a memoria do Río Breogán, senón que tamén fortalece o sentimento de pertenza e o vínculo coa nosa identidade.

💙 As nosas lendas. A nosa historia.