A Fundación Breogán e o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (FEGABA), delegación de Lugo, poñen en marcha un novo proxecto para visibilizar e achegar a figura arbitral á sociedade.
Baixo o lema “Moito máis que arbitrar”, MOUCHO nace para destacar o papel das árbitras e árbitros como deportistas, educadores e referentes dentro e fóra da cancha.
Ao longo da tempada 2026/27, o proxecto promoverá a participación do colectivo arbitral nas iniciativas sociais da Fundación Breogán e levará aos centros educativos actividades destinadas a fomentar valores como o respecto, a convivencia e o xogo limpo.
