Novas

PRESENTACIÓN DE NÓS BALONCESTO

Hoxe tivemos a oportunidade de presentar oficialmente Nós Baloncesto durante a Xornada de Deporte Inclusivo organizada por ASPACE Lugo no Polideportivo de Frigsa.

Foi unha mañá chea de deporte, convivencia e aprendizaxe compartida, na que puidemos dar a coñecer un proxecto que nace coa vontade de seguir creando espazos de participación, inclusión e oportunidades a través do baloncesto.

Grazas a ASPACE Lugo pola invitación e a todas as persoas que se achegaron para coñecer de preto esta nova iniciativa da Fundación Breogán.

Isto só acaba de comezar. 💙