Novas

COMEZA A V EDICIÓN DE LUZ AO DEPORTE

O próximo martes 29 de setembro ás 12:00 h no Auditorio da Afundación de Lugo, recibiremos a Josep Peris, xogador do Río Breogán, na primeira conferencia desta nova edición.

Baixo o título “A parte invisible do éxito”, Josep compartirá a súa experiencia persoal e deportiva, poñendo o foco en todo aquilo que non adoita verse: os anos de traballo, a constancia, os momentos difíciles e o camiño percorrido ata chegar ao baloncesto de elite.

Unha conversa conducida pola xornalista María Nieto para descubrir que detrás de cada éxito hai unha historia que merece ser contada.

💙 Porque o máis importante non sempre é chegar, senón todo o que aprendes polo camiño.

🤝 Patrocina ABANCA