Visita moi especial no adestramento de NÓS BALONCESTO.

Recibimos a 𝗟𝗼𝗿𝗲𝗻𝗮 𝗕𝗲𝗿𝗺ú𝗱𝗲𝘇, extremo dereito do @icbcoruna e recentemente proclamada Campioa do Mundo de balonmán en cadeira de rodas coa selección española, un fito histórico ao ser a primeira vez que España conquista este título.
Foi un auténtico privilexio compartir este tempo con ela, coñecer de primeira man a súa experiencia e escoitar unha mensaxe tan inspiradora para todas as persoas que forman parte do proxecto.
Parabéns por este logro histórico e moitas grazas pola túa visita, cercanía e motivación.


