Novas

EXPERIENCIA BREOGÁN – AECC LUGO NO PAZO

A 4ª Experiencia Breogán de 2026 culminou como o fan todas: co agarimo e o aplauso de todo o Pazo.

No descanso do encontro entre o Río Breogán e o Unicaja de Málaga, o director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, e Ángeles Iglesias, representante da nosa empresa benefactora Autos Iglesias, entregaron no centro da pista un recoñecemento a Pilar López Seijas, en representación da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

Desde o palco da Fundación acompañounos tamén o presidente da entidade, Jose Manuel Rozas, xunto a Nico Adega, campión do mundo de paracanoe e gran amigo da Fundación.

Foi a nosa maneira de agradecer o traballo dunha asociación que acompaña as persoas con cancro e as súas familias, que impulsa a investigación e que traballa cada día para que ninguén teña que afrontar esta realidade en soidade.

💙 Grazas á AECC Lugo polo voso labor, a Pilar por representalo, a Jose Manuel por acompañarnos, a Nico por compartir esta xornada e a Autos Iglesias por facer posible esta experiencia.

O Pazo tamén é un lugar para recoñecer a quen está ao lado das persoas cando máis o necesitan.