Comezamos a nosa viaxe con ROSETTA no Colexio Maristas de Lugo!
Os rapaces e rapazas do centro xa están a descubrir a lingua de signos, achegándose a unha nova forma de comunicarse e comprendendo a importancia de construír unha sociedade sen barreiras.
Da man de Bárbara Rovira Casal, coordinadora do proxecto, e coa colaboración de ASORLU, iniciamos esta experiencia de aprendizaxe e sensibilización que nos acompañará durante todo o curso.



E para deixar constancia de cada paso desta aventura, os participantes contan co seu propio Pasaporte ROSETTA, no que irán recollendo os avances e descubrimentos desta viaxe.
Porque aprender unha nova lingua tamén é abrir unha nova porta para entendernos. 💙