Sin Categoría

PAZO ABERTO – CEIP MENÉNDEZ PELAYO

Pazo Aberto | Hoxe tocou unha visita con sorpresa!

O alumnado de 5º de primaria do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo viviu unha nova experiencia no Pazo da man da Fundación Breogán e El Proyecto de Bana.

E desta volta, cun acompañante de excepción: Salva Arco, director xeral do Río Breogán, que non só lles contou algunhas cousas máis sobre a súa vida, senón que tamén se animou a «comparecer» na sala de prensa. 🎙️😄

Ademais, puideron ver unha parte do adestramento, compartir pista cos xogadores, conseguir autógrafos e levar un pequeno agasallo para lembrar a visita, coa nosa pequena Bana, obra de O artesán3d, incluída. 💙

Unha mañá desas nas que o Pazo se vive dun xeito moi especial.