Novas

NINGÚN ARO SEN REDE CURSO 25/26 – ENTREGA DE PREMIOS

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | PREMIOS 2025/26

53,2 quilos de material de escritura recuperado. Moitos pequenos xestos que, xuntos, conseguen grandes cousas.

Os gañadores da cuarta edición de Ningún Aro Sen Rede xa teñen os seus premios. Un recoñecemento ao esforzo e á implicación de toda a comunidade educativa.

🏆 CEIP de Bretoña (A Pastoriza) · 3,3 kg
Categoría de menos de 50 alumnos participantes.

🏆 CEIP Plurilingüe de Nadela · 12,3 kg
Categoría de 51 a 150 alumnos participantes.

🏆 CEIP Menéndez Pelayo · 22,6 kg
Categoría de máis de 150 alumnos participantes.

Os tres centros recibiron os seus premios:
🏀 30 invitacións para presenciar un encontro do Río Breogán.
📚 Un vale de 50 € en libros de temática ambiental da UNED Lugo.
♻️ Un lote de redes sostibles de Ecoballution.
🏆 Un trofeo personalizado de Oartesan3D.

O acto contou coa participación de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, e Ana Belén Traseira Pena, directora da UNED Lugo.

Grazas ao alumnado, profesorado, equipos directivos e familias de todos os centros participantes. Detrás deses 53,2 quilos hai moito máis ca material para reciclar: hai compromiso, conciencia ambiental e futuro.

Seguimos transformando pequenos xestos en grandes cambios. 💙