Miguel Bourio e Antonio Seral acompañaron ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo nunha nova visita ao Pazo dos Deportes, compartindo lembranzas, anécdotas e momentos dunha vida ligada ao Breogán.

Un encontro entre xeracións no que as nosas lendas poñen voz á historia e os máis novos descobren que ser breoganista tamén é coñecer, sentir e transmitir todo o que nos trouxo ata aquí.