Novas

Memoria Celeste – Antonio Seral e José Manuel Ramiro en Pazo Aberto

Antonio Seral e José Manuel Ramiro participaron nunha nova actividade do programa impulsado pola Fundación Breogán

A Fundación Breogán desenvolveu unha nova xornada do programa Memoria Celeste, unha iniciativa que busca integrar ás históricas Lendas Celestes nas diferentes actividades sociais e educativas da entidade, reforzando o vínculo entre pasado, presente e futuro do club.

Nesta ocasión, os protagonistas foron Antonio Seral e José Manuel Ramiro, que acompañaron ao alumnado de 3º de Primaria do Colexio Cervantes nun percorrido polo Pazo dos Deportes, compartindo experiencias, anécdotas e valores asociados ao baloncesto e ao breoganismo.

A través de iniciativas como Memoria Celeste, a Fundación Breogán segue construíndo pontes entre xeracións, poñendo en valor a historia do club e transmitindo os seus valores ás novas xeracións. Pazo dos Deportes de Lugo volveu converterse nun espazo de encontro entre xeracións cunha nova sesión do programa Pazo Aberto, desta vez coa visita dos nenos e nenas do Colexio Cervantes. Unha mañá diferente, na que o baloncesto serviu tamén como fío condutor para falar de historia, valores e identidade.

Nesta ocasión, o proxecto Memoria Celeste contou con dous convidados moi especiais: David Salgado e Manolo Miranda, dúas figuras moi vinculadas ao deporte lucense e á traxectoria do CB Breogán, cada un desde un camiño distinto pero cun mesmo sentimento de pertenza.


JOSÉ MANUEL RAMIRO

Xogador formado nas categorías base do Breogán nos anos 70, que desenvolveu unha destacada traxectoria deportiva desde o equipo xuvenil da tempada 1976-77 ata formar parte do primeiro equipo nas campañas 79-80 a 82-83, contribuíndo aos ascensos do club desde categorías inferiores ata a 1ª División B.

Coñecido polo seu físico, capacidade competitiva e intensidade en pista, foi unha peza importante na evolución daqueles equipos, destacando tamén en competicións como o Campionato Galego Junior ou fases nacionais.

Tras a súa etapa como xogador, Ramiro mantivo o seu vínculo coa entidade formando parte do CB Breogán como vicepresidente, continuando así a súa contribución ao desenvolvemento do club desde o ámbito institucional.

BREOGÁN STILTON 1980/81 – arriba Tosi, Navarro, Prada, Fullarton, José M. Ramiro, Angel Sevilla, José Ramón Ferreiro. Abaixo: Benito Mayor, Pepe Conde, Alberto Real, Antonio Abuín, Manel Sánchez, Tito Díaz e Coté. Foto: O Noso Basket

A través de iniciativas como Memoria Celeste, a Fundación Breogán segue construíndo pontes entre xeracións, poñendo en valor a historia do club e transmitindo os seus valores ás novas xeracións.

BREOGÁN XUVENIL 76_77: Pedro Barro, Pablo R.Lozano, Suso Latas, Juan Prosper, Ramiro, Jorge Chao (adestrador),Manolo Sureda, Gonzalo R.Abuín, “Tabi” Taboada, Camilo Rodríguez, Antonio Raíces. Foto: O Noso Basket

A través de iniciativas como Memoria Celeste, a Fundación Breogán segue construíndo pontes entre xeracións, poñendo en valor a historia do club e transmitindo os seus valores ás novas xeracións.

Xornadas como a de hoxe, compartida co alumnado do Colexio Cervantes no Pazo, permiten que esa memoria cobre vida: historias contadas en primeira persoa, experiencias vividas na pista e unha maneira de entender o baloncesto que vai moito máis alá do xogo.

Un encontro no que pasado e presente se dan a man para seguir construíndo futuro.