Novas

II Basket Na Rúa (Fingoi)

Esta mañá inauguramos a segunda parada do Proxecto Basket Na Rúa, que durante os vindeiros 4 sábados traeranos ó Barrio de Fingoi.

Coma sempre gozamos dunha xornada chea de baloncesto e saúde, nesta actividade patrocinada e organizada polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI.

Houbo mochilas de agasallo para tódolos participantes, repartidas por @erik_Quintela, e os gañadores da competición do K.O. resultaron premiados con dúas entradas para o partido desta tarde do @cbbreogan contra o Barça.

Voltaremos o sábado día 14 a Fingoi, pero se queredes seguir desfrutando dunha xornada única, agardámosvos este serán a partir das 18:00 h. na Fan Zone do Pazo dos Deportes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *