Novas

Basket na Rúa 2024 – Praza Anxo Fernández 25/05/24

O penúltimo Basket Na Rúa deste 2024 volveunos a deixar unha espléndida mañá de baloncesto na fermosa e céntrica Praza de Anxo Fernández.

Da man da Fundación Breogán e da Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI, enchemos novamente as rúas de Lugo de rapaces e rapazas que optan por esta alternativa de ocio saudable cada semana.

Os gañadores dos sorteos levaron como agasallos camisetas do BNR asinadas polos xogadores do C.B. Breogán e 5 balóns e os gañadores das competicións mochilas do proxecto e camisetas “Legend Dzanan Musa”.

Agardámosvos o vindeiro sábado 1 de xuño para despedir esta III Edición do Basket Na Rúa.