FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA

Un proxecto da Fundación Breogán no que imos da man con Xuncas Diversia, en convenio coa Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo.

FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA nace da necesidade de ofrecer unha alternativa deportiva a aquelas persoas que polas súas discapacidades físicas non poden practicar baloncesto. É por isto, que dende febreiro de 2023, a Fundación Breogán e Xuncas Diversia uníronse para crear esta iniciativa deportiva e chegar ao máximo número de persoas.

O proxecto iniciouse con só 4 xogadores/as, e na actualidade, xa pasamos da decena de deportistas. Adestramentos semanais, presenza en redes sociais, presentación pública nun partido do C.B.Breogán, eventos solidarios, etc. son moitas das actividades que levaron a este proxecto a ser un pioneiro na nosa provincia e a dar visibilidade a un colectivo que ata o de agora, e en termos de baloncesto, estaba esquecido.

Pero quizais, do que máis orgullosos nos sentimos, é de formar unha pequena familia. Fundación Breogán Diversia non só é baloncesto, é inclusión, é solidariedade, é resiliencia, perseveranza, é unha segunda oportunidade, etc. e a forma de reinserir deportivamente a moitas persoas que non dispoñían desa opción.

Para esta nova tempada, os nosos obxectivos son claros, SEGUIR MEDRANDO. Queremos seguir dando visibilidade a este deporte, seguir dando oportunidades para que todas aquelas persoas que o desexen, poidan practicar baloncesto adaptado en cadeira de rodas, seguir construíndo unha sociedade máis xusta e onde todos os colectivos formen parte dela, indistintamente das súas capacidades, físicas ou mentais.

Para iso, e de forma máis concreta, estes son os principais obxectivos que nos marcamos:

Características:

Presentación oficial do Proxecto – 2 Marzo 2023

Adestramentos

Presentación do equipo FBD no Pazo dos Deportes de Lugo, o 7 de maio de 2023.

Ligazón á páxina de “El Progreso de Lugo”, preme aquí.

Nova incorporación – Benvido Miguel Ángel López.

Adestramento con Erik e Sergi Quintela – 23 xuño 2023

Ligazón á nova completa, preme aquí.

ADESTRAMENTOS SETEMBRO 2023

ADESTRAMENTOS OUTUBRO 2023

Ligazón á publicación.

COLABORACIÓN CO CIFP POLITÉCNICO DE LUGO – NOVEMBRO 2023

Os alumnos/as do CIFP Politécnico de Lugo, que están realizando o Curso Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, realizaron estas semanas as súas prácticas co noso equipo de baloncesto en cadeira de rodas.

Moitas grazas pola dedicación e ilusión amosada en cada un dos adestramentos e moita sorte para o futuro. Estamos seguros de que seredes uns/unhas grandes profesionais.

A Fundación Breogán sempre estará dispoñibel para colaborar na formación deportiva dos estudantes lucenses.

FIN DA VINCULACIÓN DA FUNDACIÓN BREOGÁN – DECEMBRO 2023

Queremos compartir convosco que neste mes de decembro finaliza a colaboración da Fundación Breogán co equipo de baloncesto adaptado en cadeira de rodas Fundación Breogán Diversia. E non podemos estar máis orgullosos do camiño percorrido xunto con Xuncas Diversia durante este tempo. Foron 10 meses de moito traballo, implicación e de ser testemuñas dunha progresión inimaxinable cando iniciamos esta andaina. Quixemos dotar ao equipo dunha estructura, tanto a nivel organizativo como económica sólida, darlle a visibilidade que merece e sentar as bases dun proxecto de futuro.

Agora toca despedirnos desta etapa, pero a continuidade do equipo está garantida e cremos firmemente no potencial e na forza dos seus compoñentes. Porque non só se creou un equipo de baloncesto, durante este tempo formouse unha pequena familia que vai moito máis alá do deporte. Unha familia onde todos teñen cabida e onde todos son importantes.

Agradecemos a cada membro do equipo a súa dedicación, esforzo, entrega e ilusión, aos adestradores Karol e Jose, posto que sen a súa implicación e coñecemento sobre este deporte nada disto sería posible, e tamén agradecemos a Xuncas Diversia que nos permitise ser parte dun proxecto tan fermoso, necesario e útil para a nosa sociedade.

O futuro do equipo é brillante, e desexámoslles todo o éxito nesta nova fase. Nós, seguiremos apoiando tódalas iniciativas que fagan un mundo máis xusto e onde todos teñamos as mesmas oportunidades, e, por suposto, seguiremos estando ao voso carón cando sexa necesario.

Grazas!