Alumnos/as do CIFP Politécnico de Lugo, que están realizando o Curso Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, acompáñannos dende esta semana nos adestramentos do equipo FBD.
A colaboración será recíproca, xa que eles e elas axudaránnos coa preparación física do equipo e ao mesmo tempo aprenderán as características específicas do baloncesto en cadeira de rodas.
Para que esta preparación sexa o máis persoalizada posible, dende onte o noso adestrador José Manuel Teijido xa comezou a explicarlles as peculiaridades deste deporte.



