Novas

Fundación Breogán Diversia – Visitas TOP

O equipo segue a prepararse para esta temporada, cun ritmo de adestramentos cada vez máis alto e cunha implicación dos xogadores/as extraordinaria.

O pasado venres contamos ca visita de Jorge Bustos, Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, que presenciou o adestramento e dirixiu unhas palabras de ánimo co equipo, destacando o exemplo que nos están a dar a todos.

Tamén nos acompañaron dous auténticos “cracks“, que compartiron pista e coñecementos con todos nós: Adrián Rañales Piñeiro e Joaquín da Silva Peixoto.

O club no que se iniciou e no cal militou ata o 2022 Adrián é o Basketmi Ferrol. Pero a súa traxectoria tamén conta con experiencia internacional, militando no Santo Stefano italiano, onde acadou a 2ª posición na liga e na Copa de Europa e no Reggio Bic de Calabria. Ademáis, tamén xogou unha temporada no Ucam Murcia e pasou pola Selección Española.

Joaquín está plenamente vinculado ao Basketmi Ferrol, onde acadou dúas ligas galegas e dúas Copas Galicia. Tamén cabe destacar as dúas ligas de primeira división, nunha das cales o equipo quedou campión invicto.

Este veterano do BCR conserva a mesma ilusión e gañas que cando comezou fai 35 anos xa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *