Novas

AFALU Alzheimer destinataria da Doazón Benéfica

Resultado das votacións d@s nos@s soci@s benefactores/as, para a elección da entidade destinataria da doazón benéfica anual da @Fund_Breogan.

A gañadora, cun 50% dos votos foi AFALU ALZHEIMER LUGO, que veu da man da nosa empresa benefactora Clínica Dental García Rielo.

O importe é o resultado dos beneficios obtidos ca venda de entradas do encontro amigable internacional celebrado o pasado 8 de Setembro e que enfrontou ó @CBBreogan e o FC Porto.

Faremos entrega do talón nun dos descansos do encontro do vindeiro día 27 no Pazo dos Deportes de Lugo.

Moitas grazas a tódalas entidades que participaron neste edición 2022 da “Experiencia Breogán”: Cogami, Alume, Raiolas e Escola Banda de Antas de Ulla, e ás nosas empresas benefactoras por achegarnos e poder darlle difusión ó traballo das mesmas.

Noraboa @AFALU_alzheimer!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *