Novas

Derradeiro adestramento do +QBNR Friol

Rematamos os adestramentos no CPI Dr. López Suárez de Friol. Pero ainda quedan máis actividades, que terán lugar nas vindeiras semanas, antes de pechar este Máis Que Basket no Rural no Concello de Friol.

Os rapaces e rapazas realizaron unha última actividade na que nos amosaron todo o que aprenderon nestas semanas.

A Fundación fíxolles entrega dun balón de baloncesto a cada un deles/as, así como dunha canastra nova ó Centro (representado por D. Felipe Barata Villapol, Director) para que poidan seguir gozando do seu deporte favorito e de paso, queden cun bonito recordo do noso paso polo Concello de Friol.

Pechamos a xornada como de costume, repartindo batidos #OptiPro para recuperar forzas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *