Esta mañá iniciamos o primeiro Basket na Rúa deste 2024 na Praza da Milagrosa, unha actividade de ocio saudable organizada e financiada pola Concellería de Xuventude e Deportes Lugo do Concello de Lugo e o Programa +XTI e da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.
Moito e moi bó ambente nesta xornada na que non faltou de nada: dúas camisetas do BNR asinadas polos xogadores do C. B. Breogán, mochilas do BNR e bufandas do Breo, sorteo de 5 entradas dobres para o encontro do vindeiro sábado fronte ao Gran Canaria e o gran Máximus, que compartíu adestramento cos rapaces.
Contamos tamén coa presenza de Miguel Fernández, Concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica.
Voltaremos á Praza da Milagrosa o vindeiro sábado día 20 de abril.