Novas

Basket Na Rúa 3 (A Milagrosa)

Onte, @s xóvenes afeccionad@s ó basket, amosáronnos que nin a ameaza de choiva pode cas súas ganas de facer deporte.

A proba é que volveron a cubrir as 40 prazas que ofertamos cada fin de semana.

A competición de habilidade foi especialmente divertida e ó remate da xornada, tódolos participantes foron agasallados co balón da Fundación.

Moitas grazas a tod@s eles e elas e ó Colexio Divina Pastora Salesianos @salesianos_lugo por cedernos as súas magníficas instalacións para a realización do evento.

Lembrade que o vindeiro sábado volveremos á Milagrosa con esta actividade financiada e organizada polo @concellolugo @xuventude_lugo e o programa +Xti.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *