Novas

Sorteo invitacións C.B.Breogán – Casademont Zaragoza

Como agradecemento ao apoio dos Socios Benefectores da Fundación Breogán, queremos compartir con vós a emoción do baloncesto en vivo.


Estamos a sortear 5 invitacións dobres para que gocedes do encontro da liga Endesa que enfrontará ao C.B. Breogán co Casademont Zaragoza, este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo ás 12:30 h. dende o exclusivo Palco VIP da Fundación.

O partido promete ser épico, e queremos que esteas alí para vivir cada momento.

Mañá comunicarémonos vía email cos afortunados gañadores. Non perdas esta oportunidade única de vivir a emoción a pé de pista no Palco VIP da Fundación Breogán!