Volvemos á pista con 𝗣𝗶𝗿𝘂𝗹𝗼 á fronte, cos mesmos sorrisos, a mesma ilusión e moitas ganas de seguir compartindo todo o que fai especial este equipo.

Cada adestramento é unha oportunidade para xogar, aprender, crear vínculos e demostrar que o baloncesto é para todas as persoas. E ver esta alegría nas caras dos nosos rapaces e rapazas é a mellor maneira de comezar unha nova tempada. 💙

Grazas a 𝗣𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗻𝗲, polo seu patrocinio, e á Fundación 𝗗𝗶𝗴𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, o noso partner deportivo, por facer posible que este proxecto siga adiante.

🏀 CHAN COMÚN. Xunt@s de verdade.