Novas

Sesión práctica de 𝗕𝗼𝗰𝗰𝗶𝗮 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿 𝗔𝗱𝗮𝗽𝘁𝗮𝗱𝗮 – CEIP Anexa

Visitamos o CEIP Anexa de Lugo para desenvolver a sesión práctica do proxecto Boccia Escolar Adaptada – Eu tamén son capaz, impulsado pola Fundación Breogán xunto con @danocerebrallugo.

Despois da sesión teórica realizada previamente no centro, chegou o momento de pasar á pista: o alumnado puido descubrir e practicar a Boccia, un deporte paralímpico que demostra que, con adaptacións axeitadas, todas as persoas poden participar e gozar do xogo. 💙🏐

A actividade estivo guiada por Pablo e Laura, técnicos de Dano Cerebral Lugo, acompañados por persoas usuarias practicantes de Boccia Adaptada, que compartiron co alumnado este primeiro contacto práctico cun deporte que fala de inclusión, respecto e oportunidades para todas as persoas.

Grazas ao profesorado e ao alumnado do CEIP Anexa pola súa implicación e entusiasmo durante a xornada. Seguimos levando o deporte adaptado aos centros educativos para construír unha mirada máis aberta, máis xusta e máis inclusiva.

✨ Porque no deporte —e na vida— todos e todas podemos dicir: eu tamén son capaz.