Onte tivo lugar, na Praza de Augas Férreas, a primeira actividade deste proxecto organizado e financiado polo CONCELLO DE LUGO a través da Concellería de Xuventude e Deportes e o Programa +xTI e da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.
Durante 3 horas (de 10:30 a 13:30) os rapaces e rapazas gozaron practicando baloncesto, voleibol e fútbol sala, guiados polos adestradores da Fundación Breogán, do Club Voleibol Emevé e de Lugo Sala, nunha xornada na que tamén houbo espazo para as competicións (con premios para os gañadores) e agasallos para tódolos participantes.
Contamos ca presenza do Concelleiro de Xuventude e Deportes Mauricio Repetto e de representantes das 3 disciplinas deportivas: ERIK QUINTELA (C.B. Breogán), LUCÍA PROL e SARA FOLGUEIRA (Volei Emevé) e IAGO RODRÍGUEZ (Lugo Sala).
Volveremos o vindeiro domingo día 16 con máis DEPORTE NA RÚA, desta volta a cita será na PRAZA DO CASTIÑEIRO e a actividade será integramente de baloncesto.