Onte pechamos as II Xornadas de Tecnificación da Fundación Breogán, celebrando unha serie de exercicios de habilidades e concursos de precisión de tiro na pista principal do Pazo dos Deportes, no que @s nos@s rapaces/as puxeron en práctica os coñecementos adquiridos estes días.
Os gañadores recibiron agasallos da Fundación Breogán e do C.B. Breogán e tod@s pasaron unha tarde moi divertida.
Queremos agradecer a tódalas persoas, empresas e entidades que fixeron posible a realización destas xornadas.
En primeiro lugar ás nosas Empresas Benefactoras, ao Concello de Lugo pola cesión do Polideportivo de Frigsa, á Xunta de Galicia e á Empresa Colaboradora Norcontact.
Grazas tamén aos membros do C.B. Breogán que se achegaron e que aportaron os seus coñecementos aos nosos rapaces/as: Stefan Momirov, Erik Quintela, Ethan Happ, Luka Brajkovic, Sergi Quintela, Fernán Varela e Máximus.
Un agradecemento tamén ao equipo técnico da Fundación Breogán: David Fernández, Adrián López, Chisco López e Sara Hermida.
E cómo non, un milleiro de grazas aos 40 rapaces e rapazas que nos fixeron gozar nestes tres intensos días do ilusionante baloncesto de formación. Agardamos que para todos eles e elas tamén fose unha experiencia única e positiva.