As mañás dos domingos son tempo de DEPORTE NA RÚA nos barrios de Lugo. Hoxe a Fundación Breogán achegou o baloncesto e os hábitos de vida saudables ata a Praza do Castiñeiro.
Nesta soleada mañá aos máis de 30 inscrit@s, acompañóunos o Sr. Concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto e tamén participou da actividade a mascota do C.B. Breogán, Máximus.
Coma sempre houbo diferentes estacións de adestramento e competicións, con agasallos para os gañadores, incluídas invitacións para o encontro do vindeiro xoves do C.B.Breogán e o Unicaja de Málaga.
As seguintes citas do mes de abril co DEPORTE NA RÚA serán:
- Domingo 23 – Voleibol co CLUB VOLEIBOL EMEVÉ.
- Domingo 30 – Fútbol sala con LUGO SALA.
Os dous días na PRAZA DO CASTIÑEIRO e co horario habitual, de 10:30 a 13:30 h.