Mañá terá lugar, no Edificio Administrativo da @xuntagalicia en Lugo, a derradeira charla do ciclo “LUZ Ó DEPORTE”.
Este proxecto foi posible grazas á suma de esforzos da @fundacionbreogan, da @xuntagalicia e de @somosabanca.
E despedímonos por este ano con dous referentes do baloncesto lucense, os irmáns @42ergiquintela e @erik_quintela, xogadores do @cbbreogan.
A partir das 12:15 h. e da man de @marianietodiaz no papel de entrevistadora, coñeceremos un pouco máis a estes dous símbolos do breoganismo.
Derradeira charla de “Luz Ó Deporte”
13
Dec