Novas

“Profetas na súa terra” – Irmáns Quintela

Rematamos o ciclo de charlas do proxecto “LUZ Ó DEPORTE”, no que imos da man da Xunta de Galicia e de Abanca, ofrecendo ó público adolescente que nos acompañou no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo a posibilidade de coñecer máis polo miúdo a estes doús referentes do basket lucense, os xogadores do C.B. Breogán Erik e Sergi Quintela.

Houbo multitude de preguntas, @s asistentes non quixeron deixar pasar a oportunidade de ter “á súa disposición” ós seus ídolos e aproveitaron esta circunstancia para interesarse por aspectos das súas vidas deportivas que normalmente non son tan coñecidas polo público.

A conclusión ca que nos quedamos é que para conseguir os teus soños o único secreto é o traballo duro, e que se poden chegar a acadar por difíciles que semellen.

Neste peche de proxecto estiveron presentes Salva Arco @salvaarco, (Director da Fundación Breogán), Javier Arias Fouz @javierariasfouz, (Delegado Territorial da Xunta de Galicia) Zaira Dapena @zahyradc, (Directora Territorial de @somosabanca) Tito Díaz (Director Xeral do C.B. Breogán) e Itziar Puga, Carlos Teijeiro, Josema Rigueiro, Esteban Gómez, Ton Fernández e Mónica Vázquez (Directivos de Abanca).

Voltaremos no 2023 con máis “LUZ Ó DEPORTE”. Moitas grazas á Xunta de Galicia e Abanca, pola súa disposición para poder levar a cabo este proxecto, e ós CEIP: Leiras Pulpeiro, Sanxillao, Muralla Romana e Ánxel Fole, por ter participado no mesmo.

Preme aquí para acceder á galería fotográfica de tódalas charlas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *