Novas

Ningún Aro Sen Rede – C. Diocesano San Lorenzo

Nova visita a un centro educativo de Lugo capital, o Colexio Diocesano San Lorenzo súmase ó proxecto Ningún Aro Sen Rede, no que vamos da man coa UNED Lugo e Ecoballution.

O equipo da Fundación Breogán desprazouse o pasado venres ó Colexio Diocesano San Lorenzo na compaña da Directora da UNED Lugo, Ana Traseira e dun convidado especial, o xogador do C.B. Breogán, Sergi García.

Logo das presentacións e da explicación do proxecto, Sergi amosou a tódolos rapaces/as as súas dotes como tirador, realizando unha sorprendente serie de lanzamentos.

Cando chegou o momento de emular ó xogador, os alumnos/as comprobaron que non era tan sinxelo como parecía.

Coma sempre houbo exercicios de tiro e competicións, logo dos cales se entregaron os agasallos para os gañadores.

Preme aquí para seguir a ligazón a tódalas visitas realizadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *