I xornada de tecnificación de tiro “ENCESTA CON NÓS”, encadrada dentro do plan Corresponsables da USC, con Alberto Corbacho e Salva Arco como protagonistas.
Na pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo, 50 rapaces e rapazas, que cubriron as inscricións en escasas horas, asistiron a esta primera actividade de tecnificación organizada pola Fundación Breogán e a Universidade de Santiago de Compostela.
Durante tres horas, realizáronse diversos exercicios adaptados ás idades d@s xogador@s, unha das cales estivo protagonizada pola máquina de tiro Dr. Dish All Star, que fixo as delicias dos rapaces.
Nelas estiveron presentes, ademáis de Salva e Alberto, os adestradores da Fundación Breogán, Adrián López, Diego Villadóniga e Chisco López e a voluntaria Sara Hermida. A parte final da actividade foi momento para as competicións: triplas, habilidade de tiro e two ball e a correspondente entrega de trofeos para os gañadores.
Queremos agradecer a presenza do Vicerreitor adxunto da USC, D. Antonio Álvarez.