Pechamos a semana da 𝗘𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗕𝗿𝗲𝗼𝗴𝗮́𝗻 dedicada ao 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗻𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗢𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗚𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲𝘀, grazas á colaboración da nosa Empresa Benefactora, 𝗧𝗿𝗮𝗻𝘀𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗩𝗮𝗹í𝗻.
O pasado sábado, unha representación dos rapaces e rapazas usuarios do centro asistiu ao apaixonante encontro no Pazo dos Deportes, que rematou coa vitoria do 𝗖𝗕 𝗕𝗿𝗲𝗼𝗴𝗮́𝗻 fronte ao Unicaja. Unha experiencia chea de emoción, ilusión e baloncesto, da que gozaron intensamente.



Durante o descanso do partido, saíron ao centro da pista acompañados polo director da Fundación Breogán, 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗹 𝗧𝗮𝗯𝗼𝗮𝗱𝗮, para recibir de mans de 𝗘𝗹𝗲𝗻𝗮 𝗩𝗮𝗹í𝗻, en representación de Transportes Valín, un pequeno recoñecemento ao labor que realiza o Centro de Menores Ollos Grandes.
Noraboa polo voso incansable traballo.
