Unha vez rematadas as Experiencias Breogán 2025, chega un dos momentos máis importantes do ano para a Fundación Breogán: a elección da entidade que recibirá a nosa doazón benéfica anual.
Durante todo este ano, as nosas empresas benefactoras seleccionaron cinco entidades coas que compartimos cinco Experiencias Breogán moi especiais, cheas de compromiso social e valores compartidos.
Agora é a quenda d@s nos@s soci@s benefactores, que xa están a recibir a ligazón para poder emitir o seu voto dende hoxe e ata o xoves, 15 de xaneiro.
As asociacións e fundacións candidatas a recibir a doazón son:
▪️ Fundación Secretariado Gitano – (Pazo de Vilane)
▪️ Fundación Juan Soñador – (Ibersys)
▪️ Aula Hospitalaria do HULA – (Clínica García Rielo)
▪️ Centro San Vicente de Paúl – (Grupo Ditram)
▪️ Centro de Menores Ollos Grandes – (Transportes Valín)
Grazas a tod@s por formar parte deste proxecto solidario e por contribuír a construír unha sociedade máis xusta e comprometida 💙