Os Socios Benefactores da Fundación Breogán quixeron que este pasado 2024 a doazón fose para a FUNDACIÓN DIGNIDADE.
No descanso do épico encontro disputado onte no Pazo dos Deportes, no que o C.B. Breogán acadou unha importantísima vitoria fronte ao Leyma Coruña, fíxose a entrega do talón por parte do Presidente da Fundación Breogán, Narciso Fernández e do Director, Luis Abel Taboada.
Recolleron o premio en representación da Fundación Dignidade, Fernando Pérez, Presidente e Vitorino Escamilla, Director Xeral.
Parabéns por este premio e grazas de corazón por todo o traballo que realizades a diario para promover a integración social das persoas. Grazas!
