Novas

Proxecto Persoas – Iniciando un novo ano

Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, retomamos os nosos adestramentos do Proxecto Persoas con máis ganas ca nunca. Foi un reencontro cheo de sorrisos, ilusión e enerxía, onde nenas, nenos, adestradores e voluntarios desfrutamos xuntos dunha tarde moi especial.

Xa botabamos de menos esta maxia que só ocorre cando estamos todos xuntos na cancha, compartindo momentos únicos e aprendendo uns dos outros.

Seguiremos traballando con todo o corazón para seguir facendo do deporte un lugar de inclusión, crecemento e felicidade.