Novas

Reunión do Padroado da Fundación Breogán

Hoxe tivo lugar unha nova reunión do Padroado da Fundación Breogán, na que se fixo balance dun ano moi intenso e enriquecedor. Durante a xuntanza analizáronse máis de 20 proxectos desenvolvidos ao longo de 2025, avaliando o seu impacto social, educativo e deportivo, e sentando as bases estratéxicas para o ano 2026, co obxectivo de seguir medrando e xerando valor para a nosa contorna.

Dentro da orde do día procedeuse tamén á renovación e distribución dos cargos do Padroado, quedando nomeada como nova presidenta da Fundación Breogán Dona Nuria Varela-Portas de Orduña, a quen lle desexamos moitos éxitos nesta nova etapa á fronte da entidade.

Así mesmo, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a D. Narciso Fernández polo seu compromiso, dedicación e traballo durante estes catro anos como presidente da Fundación. A súa traxectoria foi clave na consolidación de numerosos proxectos e no fortalecemento do papel social da Fundación Breogán, onde seguirá acompañando á entidade como patrono.

Seguimos avanzando con ilusión, responsabilidade e compromiso co deporte, coa educación e coa sociedade.