Grazas ás votacións das nosas socias e socios benefactores, este ano a entidade que recibirá a doazón benéfica anual da Fundación Breogán é a Fundación Dignidade, cun 25% dos votos totais.
Os votos estiveron moi repartidos este ano, reflectindo o compromiso e interese por todas as entidades participantes.
O talón simbólico será entregado no descanso do encontro entre o C.B. Breogán e o Leyma Coruña, que terá lugar este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo.
Desde a Fundación Breogán, queremos agradecer a todas as persoas socias e empresas benefactoras o seu apoio. Grazas por facer posible que 5 entidades participaran este ano nunha nova edición do Proxecto Experiencia Breogán.