Novas

Experiencia Breogán – Adace Lugo – Grupo Ditram

Unha nova Experiencia Breogán que nos chega da nosa Empresa Benefactora GRUPO DITRAM, e que nos permitirá achegarnos e difundir o incansable traballo de ADACE LUGO.

ADACE é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, formada por persoas afectadas de dano cerebral adquirido (DCA), as súas familias e outros colaboradores. A entidade xurde pola necesidade existente na nosa provincia, pola falta de recursos e atención a esta problemática, e pola iniciativa de colaboradoras, afectados e familiares, que se unen cunha finalidade común, crear unha asociación para poder atender a tódalas persoas relacionadas co DCA.