Novas

Experiencia Breogán – Visita a ADACE LUGO

Onte visitamos o centro de ADACE LUGO, onde nos agardaban os usuarios do grupo das tardes e o persoal do centro.

En representación do C.B. Breogán asistiron os xogadores Toni Nakic e Anthony Polite e en representación da Fundación Breogán, o Director Salva Arco e Alfonso Orol, membro do padroado.

Tamén contamos, en representación da Empresa Benefactora promotora desta Experiencia Breogán, ca presenza de Miguel Ángel Gil Santos, Conselleiro Delegado do Grupo Ditram Automoción e de José Ramón López Armesto, Xerente de Hyundai Ditramotor.

Os responsables do centro ADACE LUGO explicáronnos en qué consiste o seu traballo e realizaron, xunto cos usuarios alí presentes e outros que o fixeron por video conferencia, unha entrevista moi interesante.

Rematamos a visita cun intercambio de agasallos e citándonos para o vindeiro venres, día no que nos visitarán no Pazo dos Deportes.