Novas

Experiencia Breogán – Aspalu – García Rielo – Día de partido

Pechamos con broche de ouro a última EXPERIENCIA BREOGÁN da tempada!

O domingo pasado no Pazo, concluímos outro capítulo emocionante do proxecto da Fundación Breogán. Esta vez, tivemos a honra de destacar o incrible traballo da Asociación de Párkinson de Lugo (ASPALU), grazas ao apoio da nosa Empresa Benefactora, a CLÍNICA GARCÍA RIELO.

Durante unha semana de actividades, os membros de ASPALU tiveron a oportunidade de mergullarse en experiencias inesquecibles, a última delas presenciar desde o noso palco VIP a emocionante vitoria do C.B. Breogán contra o Lenovo Tenerife.

Queremos expresar a nosa profunda admiración e recoñecemento a ASPALU polo seu labor extraordinario. Por iso, durante un dos descansos do partido, Manuel García Rielo, Director da Clínica García Rielo, e Salva Arco, Director da Fundación Breogán, tiveron a honra de entregar un merecido recoñecemento a Dona Rosa Fariñas, presidenta da asociación.

Parabéns polo voso compromiso inquebrantable e dedicación para mellorar a vida das persoas con Párkinson e as súas familias! MOITAS GRAZAS ASPALU!