Novas

“Grazas A-Vós” – Visita de Jordan Sakho á Residencia da Milagrosa

Esta mañá, do mesmo xeito que no seu día fixo Sergi García na Residencia das Gándaras, a Residencia de Maiores da Milagrosa recibiu a especial visita de Jordan Sakho, xogador do C.B. Breogán.

A entrevista, conducida por Luis Abel Taboada, foi prologada polo Director da Fundación Breogán, Salva Arco e polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias Fouz, quen dirixiu unhas palabras aos asistentes nas que remarcou a importancia deste ilusionante Proxecto A-Vós, impulsado pola Xunta de Galicia.

Durante a súa visita, Jordan compartiu connosco a súa inspiradora historia de adaptación a España e os consellos da súa familia para afrontar a súa carreira no baloncesto fora da súa terra natal. A súa charla foi verdadeiramente emotiva, demostrando non só o seu talento na cancha, senón tamén a súa gran madurez fóra dela.

Queremos destacar a interacción cos nosos avós, quen participaron activamente na sesión de preguntas e respostas, creando un intercambio de vivencias que foi xenuinamente enriquecedor para todos.

Grazas, Jordan, por brindarnos esta experiencia inesquecible e por compartir o teu tempo e as túas vivencias connosco.