Imos adicar a presente semana á Asociación de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, ASPNAIS.
Será a 2ª Experiencia Breogán do presente ano e grazas á nosa empresa benefactora IBERSYS, achegarémonos ó traballo que ven realizando esta asociación dende 1966 para integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.
Unha asociación que loita pola reivindicación e a defensa dos dereitos fundamentais e individuais deste colectivo e as súas familias.