Arredor de 15 rapaces/as inscritos no Proxecto Persoas, achegáronse o pasado xoves á pista principal do Pazo dos Deportes, para continuar desenvolvendo a actividade que a Fundación Breogán realiza en convenio coa Excma. Deputación de Lugo.
Seguimos traballando diferentes aspectos relacionados co baloncesto e a mellora, dende que iniciamos os adestramentos é máis que evidente.
Na parte final contamos cunha visita moi especial de tres membros do C.B. Breogán, o 2º adestrador, Javi Muñoz, o adestrador axudante Quique Fraga e o xogador Sergi García, que respostaron ás preguntas que @s rapaces/as lles quixeron facer e participaron co grupo no berro grupal que pecha tódolos adestramentos.
Sen dúbida, os ánimos dos rapaces e as boas sensacións que lles transmitiron ós membros da plantilla do C.B. Breogán de cara ó derbi galego que os enfrontaría ó Obradoiro, surtiron o efecto desexado, xa que o equipo lucense acadou unha importante vitoria. NORABOA!