Novas

Experiencia Breogán – Somos UPEC – Visita HULA

Onte visitamos a planta de oncoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti. O Director da Fundación Breogán, Salva Arco, acompañado por Marian, de SOMOS UPEC, polos xogadores do C.B. Breogán, Sergi Quintela e Justin Anderson e o fisioterapeuta do C.B. Breogán, Pablo Duarte, fomos recibidos pola oncóloga Begoña Campos e demáis responsables do área de oncohematoloxía do Hospital lucense.

Alí coñecimos as instalacións, tanto a parte de hospitalización como o hospital de día e de pediatría e compartimos dúas horas de recorrido visitando aos pacientes que nos recibiron con moita ilusión e agarimo e non deixaron pasar a oportunidade de facerse multitude de fotos cos xogadores.

Moitas grazas a todo o persoal sanitario e aos usuarios pola acollida e á nosa empresa benefactora Transportes Valín por permitirnos realizar esta Experiencia Breogán tan fermosa e por poder dar a coñecer o traballo de SOMOS UPEC.