Novas

Ningún Aro Sen Rede (23/24) – CEIP Frei Luis de Granada – Sarria

5 novas #econets de ECOBALLUTION quedaron onte colocadas nas canastras do CEIP Frei Luis de Granada, nunha nova visita de Ningún Aro Sen Rede, que desta volta nos levou ata o Concello de Sarria.

Na visita estiveron presentes o Director da Fundación, Salva Arco e en representación da UNED Lugo a súa Directora, Ana Traseira e Paula Fernández Moure.

Tamén contamos ca presenza do xogador do C.B. Breogán, Martynas Sajus, que foi o encargado de “competir” cos mestres do Centro Educativo, que a pesar de amosar moi boa técnica remataron sucumbindo ante o xogador lituano. Foi el quen decidiu quen levaba o Mini Máximus de agasallo, sendo os elexidos a clase de 6º C.

Coma sempre, houbo tempo para que os máis de 60 alumnos puidesen preguntar e compartir todas as súas dúbidas sobre como é a vida dun xogador profesional de baloncesto, poñer a proba as novas redes de Ecoballution e para os mozos/as con máis puntería, levar varios agasallos e premios da UNED do C.B.Breogán e da Fundación.