Onte estivemos no CEIP Illa Verde desfrutando dunha nova actividade do proxecto Ningún Aro Sen Rede.
Os pequenos e pequenas non perderon detalle das explicacións da Directora da UNED Lugo, Ana Traseira e do Director da Fundación Breogán, Salva Arco e seguro que tomaron boa nota para ser os máis recicladores e gañar o concurso.
A parte lúdico-deportiva veu da man novamente de MÁXIMUS, que recibiu as mostras de cariño de todos eles e elas.
As mestras tamén participaron na “competición”, resultando gañadora Celia, que levou un Mini Máximus para a súa clase. Os peques tamén levaron agasallos do Breo e puntos de libro (reciclables en prantas) da Uned e o máis importante, a lección aprendida de que entre todos temos que facer un mundo máis sostible.



