Novas

Experiencia Breogán – Visita a Taller Daulloa

Dentro das actividades incluidas na Experiencia Breogán que esta semana adicamos ao TALLER DAULLOA grazas á nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, onte visitamos o “Espazo Cultural Lorenzo Varela”, en Monterroso.

Javier Rey, monitor do Taller, recibiu e guiou á comitiva formada polos xogadores do C.B. Breogán, Sergi Quintela e Matas Jogėla; o Director da Fundación Salva Arco e Adrián Gómez; e en representación de Pazo de Vilane a súa Directora e Xerente Nuria Varela-Portas de Orduña.

Alí coñecimos máis de preto o excelente traballo que realizan os usuarios do taller prelaboral e o importante que é a existencia deste espazo para todos eles e elas. Tódolos seus productos son feitos a man, de forma totalmente artesanal e con moito agarimo e van desde material de escritorio, cadernos, xogos a diferentes artigos para o fogar.

Precisamente cun destes artigos que elaboran no taller, en concreto os cadernos, fomos obsequiados todos os visitantes. Moitas grazas!

O vindeiro sábado serán eles e elas quen nos devolvan a visita, xa que logo de realizar o “Tour do Pazo”, presenciarán en primeira liña, desde o palco VIP da Fundación Breogán o emocionante encontro que enfrontará ao C.B. Breogán co Gran Canaria.