Novas

“Grazas A-VÓS” – Taller de estimulación cognitiva

Cada semana deste proxecto que a Fundación Breogán realiza coa colaboración da XUNTA DE GALICIA está dividida en dúas partes: os luns están destinados á parte de mellora física e os venres á activación mental.

Deste xeito hoxe Luis Abel Taboada, psicólogo da Fundación Breogán, acompañado coma sempre por Sara e Marta (programa ApS da Uned de Lugo) realizaron un novo taller de estimulación cognitiva.

Os obxectivos do día foron mellorar a orientación temporal, a atención, a memoria e por suposto a planificación e a comunicación. Todos eles aspectos moi importantes para os usuarios das Residencias Públicas da Milagrosa e As Gándaras, cos que estamos a compartir ensinanzas e sorrisos moi valiosos.