Novas

Experiencia Breogán – Visita de Fiadeira ao Pazo e día de partido

O pasado domingo os amigos da Asociación Cultural Fiadeira, de Antas de Ulla, visitaron o Pazo dos Deportes de Lugo.

Nesta derradeira fase da Experiencia Breogán adicada a esta Asociación grazas á colaboración de Pazo de Vilane, unha representación de membros e responsables, viviron unha completa xornada de puro breoganismo.

Comezou o Director da Fundación Breogán, Salva Arco acompañando a todos eles e elas no xa clásico tour polas instalacións do Pazo dos Deportes. Curiosidades, anécdotas e datos curiosos sobre o C.B Breogán foron seguidos atentamente por tod@s, ata que chegamos á sala de trofeos, tan cobizada e ilusionante para todo bó breoganista.

Asistiron ao encontro disputado entre o C.B Breogán e o Valencia Basket. Houbo moita loita, emoción e incerteza polo resultado, que finalmente favoreceu ao club taronja.

Na media parte recibiron o agarimo do Pazo cando sairon ao centro da pista e lles fixemos entrega, acompañados por Nuria Varela-Portas de Orduña (Pazo de Vilane), dun pequeno recoñecemento ao seu labor en prol da conservación e divulgaciónda cultura inmaterial e da música e bailes de tradición galega.

En nome de tódolos lucenses, MOITAS GRAZAS Asociación Cultural Fiadeira, seguiremos o voso traballo moi de preto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *