Novas

Máis Que Basket No Rural – Castro de Rei – Adestramentos 16 outubro

Continuamos avanzando nos conceptos básicos do baloncesto e esta semana centrámonos no pase, dende a parte máis teórica ata a realización de diferentes xogos encamiñados a practicar o aprendido.

Tamén comezamos a introducir nos adestramentos algunhas nocións sobre o regulamento do baloncesto.

E coma sempre rematamos cunha pequena competición, esta vez foi a quenda do mítico K.O. ou bombardeiro.

Deste xeito rematamos a segunda xornada deste “Máis Que Basket No Rural” nos CEIP Ramón Falcón e Veleiro do Campo, do Concello de Castro de Rei.

A vindeira semana visitaremos cos rapaces e rapazas as instalacións de RÍO DE GALICIA, unha das empresas benefactoras que xunto con PAZO DE VILANE colaboran coa Fundación Breogán neste proxecto.

Adiantámosvos que moi pronto recibiredes nos adestramentos varias visitas moi…breoganistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *