Novas

II Edición “Luz ó Deporte 2023” – Pedro Munitis

Segunda charla desta II Edición de Luz ó Deporte, un proxecto que leva a cabo a Fundación Breogán coa colaboración da Xunta de Galicia e Abanca.

PEDRO MUNITIS, ex xogador profesional de fútbol e actual adestrador do CD Lugo, relatou a súa experiencia vital e deportiva dende o corazón, dende a verdade, sen escatimar detalles e abríndose fronte a tódolos asistentes.

Os máis de 300 escolares do CIFP Politécnico, IES Xoan Montes, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e IES Ánxel Fole, comprobaron en primeira persoa a sinceridade coa que Pedro relatou o que pode chegar a sufrir e os erros que pode cometer un deportista de élite.

Acompañando a Salva Arco, Director da Fundación Breogán, estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Zaira Dapena, Directora Territorial de Abanca, Sagrario Sánchez, Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Enrique Rozas e Manuel Cadramón, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia.

Moitas grazas Pedro, un pracer escoitarte e comprobar tan de preto a túa gran empatía e sinceridade.

A seguinte parada de Luz ó Deporte será o vindeiro 14 de novembro, na que asistiremos á ponencia de Veljko Mrsic, adestrador do C.B. Breogán e que tamén estará aberta ao público en xeral de maneira gratuita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *